martes, 7 de xullo de 2020

ATE OUTRA, CURSO 2019/20


Rematamos o curso máis estrano das nosas vidas e esperamos voltar , se un virus nos da permiso, no próximo curso con enerxía para continuar traballando sobre o noso clima. 
Moitas grazas a todas as persoas que colaboraron para sacar este proxecto adiante. Coidadevos moito.

domingo, 5 de xullo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020



Moitas grazas a Biblioteca do IES Celanova e ao seu proxecto Voces de Muller por este fermoso video sobre o poema de Ricardo Carvalho Calero "María Silencio" realizado por Carlos Alonso, con música de David Sánchez. Moitas grazas aos dous e a Irma que nos une a tod@s.