Rematamos o curso máis estrano das nosas vidas e esperamos voltar , se un virus nos da permiso, no próximo curso con enerxía para continuar traballando sobre o noso clima.
Moitas grazas a todas as persoas que colaboraron para sacar este proxecto adiante. Coidadevos moito.
Moitas grazas a Biblioteca do IES Celanova e ao seu proxecto Voces de Muller por este fermoso video sobre o poema de Ricardo Carvalho Calero "María Silencio" realizado por Carlos Alonso, con música de David Sánchez. Moitas grazas aos dous e a Irma que nos une a tod@s.
A primavera xa está aquí. Chegou nun momento terrible no que a pandemia do coronavirus azouta por mundo. Dende aquí desexamos que pase pronto coas menos víctimas posibles. Ánimo aos residentes e as personas que traballan na residencia San Carlos de Celanova. Os malos tempos pasarán e a primavera chegará tamén ahí.
A tarde do 3 de Marzo, os alumnos de segundo de ESO visitaron MeteoGalicia. Moitas grazas por recibirnos e darnos explicacións coas que aprendemos sobre meteorolóxia e o funcionamento de MeteoGalicia.
MeteoGalicia (@MeteoGalicia) twitteó: Despois de todo o día de visita en #SantiagodeCompostela un grupo de 2º ESO do IES Celso Emilio Ferreiro de #Celanova non quixo marcharse sen aproveitar para visitar MeteoGalicia e, aínda que un pouco cansos ,aprender un montón de Meteoroloxía e Climatoloxía.
@GaliciaSostible https://t.co/vYu0hiZhte https://twitter.com/MeteoGalicia/status/1234888571884097538?s=20 https://twitter.com/MeteoGalicia/status/1234888571884097538